La Región
El resultado de la campaña ha sido la recogida de 800 kilos de alimentos, productos de higiene, limpieza y juguetes
«Centro de Desenvolvemento Rural «O Viso» – COCEDER, valora como «un éxito» o transcurso da segunda edición da campaña «Contribuíndo ó local, contribúes contigo».
O resultado da campaña mídeno os 800 quilos de alimentos, produtos de hixiene, limpeza e xoguetes recollidos. Os carros da compra enchéronse de legumes, leite, conservas, deterxentes, compresas, papel hixiénico, xabón…
Esta actuación enmárcase no «Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social», que está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
O reparto das doazóns realizarase hoxe, 22 de decembro, ás 11,00 horas, na Praza de Abastos de Xinzo de Limia. Dende a organización advirten que só poderán retirar produtos aquelas persoas en situación de exclusión social que fosen valoradas previamente polo organismo. Dito proceso levarase a cabo nas dependencias que a institución posúe na Praza Maior de Xinzo.
Dende O Viso agradécenlles aos supermercados participantes e aos seus empregados, ás entidades que colaboraron, á parroquia de Santa María de Couso, ás voluntarias e voluntarios».Así mesmo, a asociación de Lodoselo congratúlase unha vez máis de que a sociedade da Limia se mova cando se trata de «causas sociais».